lunes, 28 de octubre de 2013

O grito de Munch

O venres coñecimos esta obra de arte que pintou Edvard Munch chamada "O grito", xa que estamos co tema do medo a maioría das suposicións é que a personaxe central está gritando porque lle ten medo a algo, quen sabe, unha pantasma, unha bruxa... Comezaron a facer a súa propia onde eles serán os protagonistas, pero aínda non están rematadas porque estes días no cole as horas non chegan a nada...


Por outra banda, hoxe coa teacher María confeccionamos uns gorros con cousas asustadizas e pasárono pipa xogando a pantasmas. Aínda que o que mais lles gustou foi o "Truco ou Trato" no que conseguiron unhas ricas chocolatinas.... :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario