domingo, 20 de enero de 2013

Un mini-proxecto: os hippies!!

Bueno, como xa vos contarían os peques, vamos a investigar sobre os Hippies. A razón deste mini-proxecto é que dentro duns días celebraremos o Día da paz e a non violencia, e os hippies teñen o segundo símbolo mundial da Paz. Polo que aproveitaremos esta ocasión para aprender algunhas cousiñas. Xa sabedes que si tedes algo que nos poida servir sería de gran axuda. O venres na asamblea falamos sobre que son os hippies e, tiñades que ver todo o que pensaban; que si son paiasos, animais, xefes de pista, que fan divertir, que van ao zoo... Podédeslle explicar algo na casa e xa vos contarei o que nos conten mañá!!!
Por outra banda o venres comezamos o préstamo de libros. No cal hai nove contos e unha mochila viaxeira que pasarán por todas as mans, polo que é fundamental o coidado dos contos, así como a puntualidade á hora da súa devolución.
E, xa por último, aquí vos deixo unhas fotos do expertos que son estes peques xogando ao Twister.... vaia elasticidade tiñan algúns!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario