jueves, 10 de enero de 2013

Un pouco de todo...

Bueno, pois hoxe seguimos co inverno a voltas, que si os copos de neve, as bufandas e, aproveitamos para ver un mini-conto desta estación. Descubrimos que a música era dun tal Vivaldi e que ten unha para cada estación. Aquí volo deixo para que o vexades con eles.

Tamén estamos aprendendo unha canción e, os maiores da clase, xa comezaron coa lectoescritura, en concreto coa letra i.
Lembrade que mañá imos de excursión, polo que non haberá que traer merenda. Se vedes que fai malo, mandádelle unha chaqueta con capucha, xa que intentaremos evitar levar os paraugas e para ir abrindo apetito aquí vos deixo o trailer da peli de Tadeo Jones que veremos mañá.


No hay comentarios:

Publicar un comentario