viernes, 11 de enero de 2013

Hoxe sí que acompañou o tempo!!

Pois por fin hoxe puidemos disfrutar da tan esperada excursión. Nada mais chegar xa se querían poñer á fila, pero aínda tivemos que esperar un anaco polo autobús, así que dounos tempo a facer asamblea e todo. No cine pasárono pipa, aínda que algún botou en falta as palomitas...jeje. A peli gustoulles moito, non perderon nin un detalle e a banda sonora todo un éxito!!
No parque de bolas xogaron un montón, creo que si é por eles pasan alí todo o día... Aquí vos deixo as fotos  que puiden sacar nun vídeo, non teñen moi boa calidade porque a cámara non tiña batería e tiven que recorrer ao móbil. E a música do vídeo, non podía ser outra que a da peli... :)
Déixovos, tamén, na parte dereita do blog, a Banda Sonora con imaxes da peli, que seguro que aos peques lles encanta...
Que pasedes unha boa fin de semana, vémonos o luns!!

2 comentarios: